FRANCISCANOS E CLARISAS EN GALICIA
Os franciscanos pertecen á orde relixiosa dos monxes mendicantes. Deben o seu nome ao fundador da Orde, San Francisco de Asís (Italia). Este Santo viviu entre 1181 e 1226. Caracterízanse os franciscanos pola pobreza e a humildade. Os monxes realizan a oración contemplativa que logo os leva a un apostolado caritativo e popular.
A San Francisco deben a súa existencia:
-Franciscanos
-Capuchinos
-Conventuais
-Damas pobres
-E unhas duascentas congregacións que profesan a Regla da Terceira Orde Regular.
Na Idade Media eran unha das catro ordes mendicantes que se mantiñan de esmolas aportadas polos fieis para o seu sustento.
No ano 1212, Santa Clara, ampliou esta orde coa fundación da rama feminina: as clarisas e en 1221 ampliouse a unha terceira formada por seglares de ambos sexos.
A Regla desta Orde, confirmada polo Papa Honorio III en 1223, observaba nos seus orixes unha pobreza extrema, motivo polo que provocou unha escisión, dividíndose en : Conventuais e Observantes.
Os conventuais vivían en grandes conventos ou mosteiros, mentres que os observantes gardaron a primitiva Regla. Estes observantes pasado tempo dividíronse en : Reformados, descalzos, recoletos e capuchibos.
En 1897, o Papa León XIII uniu esta ramas coa excepción dos conventuais e os capuchinos e formou a Orde dos Irmáns Menores.
Mosteiros Franciscanos en Galicia:
-Santa Catalina de Montefaro, no Concello de Ares (A Coruña).
-Igrexa do antigo convento de San Francisco de Betanzos. Século XIII-XIV. Nela atópase o sarcófago de Fernán Pérez de Andrade o Bo.
-Val de Deus en Santiago, que máis tarde toma o nome do seu fundador, San Francisco. Fronte ao mosteiro erguese un impresionante monumento ao Santo, obra mestra do escultor Asorey.
-Igrexa conventual de San Francisco en Ferrol.
-Convento de San Francisco en Lugo, alberga o Museo Provincial de Lugo.
-Convento do Santi Spíritu en Melide (Século XIV).
-San Francisco de Muros.
-San Francisco de Noia.
-San Francisco de Ourense, claustro do Século XIV. A igrexa pode visitarse na actual ubicación: Parque de San Lázaro a onde se trasladou.
-San Francisco de Herbón, (Século XIV).
-San Francisco de Pontevedra, xa existía no Século XIII, aínda que o templo data do século XIV e XV. De estilo gótico -oxival. A ambos lados do prebisterio sartegos. destacando o de Paio Gómez Charino (Século XVIII)
-San Francisco de Ribadavia.
-En Ribadeo, convento franciscano do Século XIII.
-En Tui, Convento neoclásico de San Francisco.
-Mosteiro franciscano en Vigo.
-Bon Xesús de Trandeiras, con Igrexa do Século XIV en Xinzo de Limia.
-San Francisco de Viveiro.
MOSTEIRO - CONVENTO
Entendemos por mosteiro o edificio onde reside a comunidade do convento. Convento é a comunidade non o edificio.
Así, en primeiro lugar os mendicantes forman convento e non mosteiros .
A PROPIEDADE.-As Ordes mendicantes fan da falta de propiedade a base que sustenta toda a súa forma de vida. Os mendicantes xorden como resposta a unha sociedade cada vez máis urbana..
O TRABALLO: O clásico, ORA ET LABORA, transfórmase, non terá xa o sentido de traballar as terras propias do mosteiro, será máis un traballo espiritual, cerebral, polo tanto un labor apostólico e evanxelizador, sobre todo inclinado ao labor evanxelizador en Latinoamérica.
O VESTIDO.- Nisto coinciden con todas as Ordes monásticas:
"Ben pobres de saias e mantos"
Un saio pardo, camisa ata os xeonllos, un manto sobre os ombreiros e abarcas ou zapatóns.
COMIDA.- Coincide coa consumida polo pobo baixo, e esta con mesura, e sen esquecer a importancia do xaxún.
En canto ás Clarisas, monxas de clausura, citarei algúns dos seus conventos en Galicia;
-Santa Clara en:
-Santiago de Compostela.
-En Pontevedra (desaparecida a comunidade recentemente).
-En Monforte de Lemos, cun Museo Sacro visitable.
-Clarisas de Tui.
-Clarisas en Amoeiro, Provincia de Ourense.
-Clarisas en Alariz.
14/02/2025
rafadcg@r.gal