Letras Galegas 2025


A Real Academia da Lingua Galega, en sesión 0rdinaria celebrada no Pazo María Pita de (A Coruña), este venres 12 de xullo de 2024, concluíu: Que se outorgaran As Letras Galegas 2025 ao Cancioneiro Popular Galego, pesonificado en Cantareiras e Pandeireteiras. Esta proposta de celebrar a Poesía Oral foi impulsada e defendida pola lingüista e Académica Ana Isabel Boullón Agrelo, proposta que xa concorrera o ano anterior, e que apuntou que "a Literatura Popular tamén é Literatura culta".

A celebración ten a súa personificación nás cantareiras:

-Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda).

-Eva Castiñeira (Muxía), quen xa nos anos oitenta do século XX subiu aos escenarios con Grupo Musical Milladoiro.

-Prudencia e Asunción Garrido.

-Manuela Lama Villar (Estas tres últimas coñecidas como (Pandeireteiras de Mens).

Elas representarán o gran número de mulleres que compuxeron, gardaron e transmitiron as Cantigas populares, facendo que durante eses anos, máis que escuros, a Lingua Galega mantivese, polo menos de forma oral, esa poesía popular gardada e transmitida (en particular polas mulleres de avós a netos e de pais a fillos e de veciños a veciños) e non fose completamente borrada polo castelán. Así foi como a Lingua Galega seguiu viva durante séculos, superando as prohibicións e evitando a súa desaparición, porque o pobo galego a custodiou, en particular as mulleres que crearon esta poesía popular transmitida de xeración en xeración.

Estas cantareiras e os seus cantares xorden, no contexto de traballos de axuda mutua entre veciños labregos, que as cantaban durante ou á final do traballo, momento no que tamén podía haber baile.

Nos anos oitenta do pasado século XX, traballos de pescuda realizados por Dorothé Schubarth (música Suíza) e Antón Santamarina (membro da RAG) que recolleu e editou o Cancioneiro Popular Galego, identificou e puxo en valor a Adolfina Casás Roma e Rosa Casás Roma (Tía e sobriña de Cerceda). Eva Castiñeira de Muxía que canda a sobriña subiu aos escenarios, nos anos 80, sendo a primeira pandeireteira que actuaba cun grupo folk. E finalmente as Pandeireteiras de Mens, xa nomeadas que se sitúan nos anos 70 do pasado século.

O Presidente da Real Academia Galega, Victor Fernández Freixanes, logo da elección e de dar os resultados a coñecer aclarou: Acordouse porque, "Representan a voz da muller na tradición popular". Celebramos polo tanto "o fantástico, xeneroso e extraordinario achegamento histórico da muller á Lingua, á súa transmisión e á Cultura Galega".

É a segunda vez que as Letras Galegas van homenaxear a un colectivo, logo de que en 1998, foran os trobadores da Ría de Vigo: Johan de Cangas, Mendiño e Martín Códax, as estrelas dese ano.

Agora, mentres seguimos estudando e profundando na figura deste 2024: Luísa Villalta, non perdamos de vista esta proposta electa para 2025, dedicarlle a atención e a posta en valor que nos merece o seu nomeamento.

rafadcg@r.gal

13/07/2024