MUXÍA I

Como queira que este outono de 2018 completamos, coa de Ánxeles Beloso, as xubilacións dos compañeiros e amigos, que como teño dito, un venres si e outro tamén, facemos roda no faladoiro de Cecilia, quixo ela, logo da nosa cea-agasallo, no restaurante onde se viñeron celebrando todas "A Lonja Vella", aquí na Vila de Marín, convidarnos a un xantar-excursión na coruñesa Muxía.

Así, avanzado xa o outono, e logo duns días de intensa choiva, amenceu un día radiante e luminoso para acompañar a nosa viaxe. Seguindo o plan deseñado polos nosos anfitreóns (Ánxeles e Xosé Manuel -este nativo da bisbarra- e que descoñeciamos as demais parellas, puxémonos en camiño: Celia, Peregrino, Carmen e Rafa nun vehículo e Dolores e Chasco na compaña dos organizadores do evento:

Pola mañá, a primeira parada tivo lugar na cabeceira do encoro de Santa Uxía, no Río Xallas, pouco antes da monumental, espectacular e única fervenza que verte directamente no mar en todo Europa, na localidade de Ézaro. O monte Pindo, macizo granítico, albergue de grandes rochas, fonte de inspiración de multitude de lendas e historias, coñecido como o "Olimpo Celta" e cunhas espectaculares vistas sobre a Costa da Morte da testemuña de semellante marabilla da Natureza. Paseamos o dique do encoro, comentamos as beldades da zona, da súa paisaxe, a sorte que nos acompañaba con tan radiante mañá outonal onde as mesturas das diferentes gamas de verdes e castaños, reflictidos sobre as serenas augas, contrastaban co azul destas e do ceo en tan refulxente mañá, medimos a ollo a altura da presa, tiramos unhas fotografías e puxemos fin a un momento único e singular, ecamiñándonos ao Mirador de Ézaro. Alí unas esculturas de ciclistas que dan fe da chegada dunha etapa da volta a España ocuparon uns intres a nosa ollada, para de contino deleitarnos coas explendidas panorámicas que ofrece: a desembocadura do Río, o poboado, as agrestes montañas ao leste, o océano de fronte, e ala na lonxanía á nosa dereita, albiscamos entre unha bretema mareira a península de Fisterra co seu porto, o Cristo da barba dourada de camiño ao cabo faro, e a súa punta, derradeiro andar dos peregrinos que como símbolo do seu traballo queiman alís os seu zocos..., mentres o Sr. Bermúdez, xa montara o trípode da súa cámara, e logo de colocarnos no ángulo que elixiu, correu a ocupar o seu posto na instantánea que se disparou de inmediato. Un brusco e empinado descenso deixounos a nivel do mar, e tras aparcar, emprendemos unha apracible andaina ata escasos metros da caída da fervenza, treito perfectamente acondicionado para os visitantes e polo que fomos comentando as impresións que o entorno ofrecía: árbores, -algúns eucalitos de considerables dimensións- fábrica da luz coas impresionantes cañerías que conducen a auga dende altura e pendiente tal, valados de madeira protexendo o sendeiro, cormoráns secando as ás e nós realizando unha foto aquí e outra máis adiante..., ante a negruza das rochas na que bate na súa caída a auga revolta e branquecina da fervenza.

De seguido, retorno aos coches, Opel e Ford, que logo de cruzar Cee, nos foron achegando ao noso destino, Muxía, tras deixar á nosa esquerda o Mosteiro de Moraime, coa súa igrexa baixo a advocación de San Xulián. E xa, o destino do noso xantar, que resultou ser : "A Casa do peixe", cunha decoración moi coidada e facendo xogo coa súa denominación, abundando os temas relacionados co mar, sita na rúa López Abente, de contado acudeu ao meu caletre a súa figura e a estatua que se alza a escasos metros do restaurante... Como dicía, nesta casa agardaba por nós un coidado xantar co que nos agasallaron os nosos convidadores, onde os productos do mar: percebes e unhas parrilladas de variados peixes fixeron as nosas delicias... unha longa e acolledora sobremesa deixounos en camiño para continuarn a nosa andaina por estas terras...

rafadcg@r.gal

15/11/2018