O PROFESOR BARREIRO (1936-2021)


Hoxe, 1º cabodano do pasamento de Xosé Ramón Barreiro Fernández, a Real Academia da Lingua Galega homenaxea ao que foi o seu Presidente entre 2001 e 2009, tesoureiro entre 1997 e 2001 e membro numerario dende 1997, cun solemne acto:

Abriu a sesión o Presidente da RAG, Victor Fernández F., poñendo en valor a dedicación o talante e o talento que achegou no reto de modernizar a Entidade. Apuntou, de seguido, que a Academia quixo que nos acompañasen dúas Institucións, que tiveron moito que ver con Xosé Ramón: A Universidade de Santiago, representada polo seu Reitor e o Vicepresidente do Consello da Cultura Galega.

Deseñamos este acto, apuntou, dende o Seminario de Historia, por ser Barreiro unha figura clave na Historia contemporánea de Galicia, coa actualización da economía, a filoloxía e a historia de Galicia. Foi tamén o biógrafo do Primeiro Presidente desta casa, da RAG, Manuel Murguía. En fin: resaltar a condición de académico, estudoso, xestor e escritor.

O Vicepresidente do Consello do Cultura Galega, Xosé M. Núñez Seixas, alumno de Barreiro e compañeiro ata a súa xubilación apuntou que falar de Barreio é falar da Historia do Concello da Cultura galega: Membro do Pleno, e representante no Plenario da Academia Galega, participou en moitas ponencias, organizador de Congresos, moi activo participante en publicacións... , que sumaron á súa figura un papel crucial no Consello da Cultura Galega, demostrando unha gran inquedanza por reforzar as estructuras galegas galegas por enriba de calquera outra cousa.

A continuación, Antonio López, reitor da Universidade de Santiago fixo unha semblanza sobre o profesor que rematou con estas palabras: "un orgullo para a Universidade ter contado con el". Destacou en moitas facetas: notables estudos como investigador, un xestor importante no Goberno da Universidade, apoio á Cátedra Juana de Vega, magnífico docente de verbo fácil e engaiolante que facía que os alumnos se enganchasen ás súas explicacións.

De seguido, Ramón Villares, académico numerario da RAG, tomou a palabra e empezou dicindo:

Si é verdade, canto aquí se dixo de Barreiro. Foi compañeiro meu na Universidade e noutras tarefas, limitareime a unha semblanza que titulei: O meu Barreiro: convivencia e complicidade, aulas e institucións nas que coincidimos. Sorte e leizón foi telo de compañeiro, aprender a crear algo con El, camiños paralelos e tamén complementarios pero tamén converxentes e grazas a El, e en conexión, compoñer un arco de coñecemento e investigación coa "Historia contemporánea de Galicia", El coa Historia política, Eu coa Historia estructural, dando entre as dúas unha visión moito máis integrada e conxunta. Foi membro do Instituto Pai Sarmiento de Estudos Galegos (daquel asunto naqueles tempos), ao que deu un empuxón colaborando na súa modernización e na Revista Caderno de Estudos Galegos.

O profesor Barreiro foi moitas cousas pero, sobre todo historiador. Tiña moitas ferramentas: erudición, método de traballo persoal e profundo, orixinalidade, conciencia por estar a traballar pola modernidade da historiografía galega.

Estudou en Santiago e en Roma, posuía certa sabedoría Vaticana. Mantivo unha relación difícil pero respectuosa co Cardeal Quiroga Palacios sobre o avance da liturxia en galego, podemos dicir que existiu un aprezo mutuo. Deixou a Igrexa e incorporouse á Universidade: Tesina: A Ilustración na Universidade de Santiago. Tese: O campechano galego na historia contemporánea. Nos seus traballos académicos amósanse unhas característica que paso a subliñar: historiador vocacional con erudición e calidade con numerosas fontes, paixón pola bibliofilia, liña de investigación moi importante para a historia.

Dúas obras pioneiras, pero hoxe clásicas: O Carlismo galego e O levantamento de 1846 e o nacemento do galeguismo, moi importantes para o coñecemento do século XIX. Reúne as virtudes de capacidad de investigación e utilización de moitas fontes. Outras obras: Historia da vida política de Galicia no século XIX, Liberais e absolutistas, A Guerra da Independencia. Como se pode constatar a Historia de Galicia do século XIX non lle foi allea.

En fin, sirva esta breve reseña para resaltar tamén o gran labor de alta divulgación que o acompañou, dando moitas conferencias nas que tiña presenza e palabra.

Continuou o Acto cun coloquio, que deixarei aquí recollido, de forma breve, soamente cuns titulares. Mesa Redonda, presidida por Pegerto Saavedra Fernández sobre Teses dirixidas polo profesor Barreiro. Mesa titulada: Xosé Ramón Barreiro na voz dos seus discípulos.

Interviron:

Xosé Ramón Rodríguez Lago: "O clero e a Accion Católica en Galicia"

Ana Romero Marciá: "Severino Chacón, un líder sindical"

Emilio Grandío: "A CEDA en Galicia e a Segunda República"

Cerrouse este, brillante, merecido, fermoso e longo acto, aínda que un bocado longo ao meu cativo entender, cun concerto titulado: "Música da Galicia de hoxe" interpretado por Margarida Mariño.

rafadcg@r.gal

17/03/2022