OS DOMINICOS EN GALICIA


Sabido é que as Ordes Relixiosas se agrupan en: MONÁSTICAS E MENDICANTES.

Ocupámonos hoxe dunha orde Mendicante: OS DOMINICOS.

Estas ordes mendicantes, das que tamén forman parte: Carmelitas, Franciscanos, Agustinos, Mercedarios, Trinitarios, Servitas, Xerónimos, Irmáns de San Xoán de Deus e Mínimos; establécense no corazón das cidades para atender a unha poboación urbana en constante crecemento.

-Caracterízanse pola adopción da pobreza, ao negarse a posuír bens, recorren á mendicidade para obter o imprescindible para poder vivir.

-Responden á necesidade de predicar para combater as herexías; para que a prédica estivese dentro da ortodoxia católica e poder contestar con eficacia consideraron que sería preciso que os seus membros tivesen unha boa formación relixiosa e intelectual.

A Regra dos monxes ou Regra de San Benito, foi escrita por este Santo cara o fin da súa vida (540 d. de C.). Consta dun prólogo e setenta e tres breves capítulos. No Capítulo I, enuméranse as clases de monxes: Cenobitas, Anacoretas, Sarabeitos e Giróvagos.

O fundador desta Orde, (monxes, cenobitas) de predicadores, coñecidos como DOMINICOS, foi Santo Domingo de Guzmán, nacido en Caleruega(Burgos) en 1170 e falecido en Bolonia en 1221. A orde foi fundada na cidade de Tolosa en 1215 cando comezou a herexía ALBIXENSE, chamados tamén Cátaros. Esta herexía arrancou no sur de Francia na localidade de Albi, de aí que se coñeza co nome de ALBIXENSES.

É a primeira das Ordes Mendicantes. Ten tres Ramas: Frailes, que viven nun convento. Monxas, contemplativas de clausura e Seglares.

Numerosos Santos e Beatos na historia desta Orde:

-Tomás de Aquino, Bartolomé das Casas, Raimundo de Peñafort, Vicente Ferrer, Rosa de Lima, Martín de Porres...

Como citei, Santo Domingo de Guzmán, fundou tamén unha orde de mulleres, coñecida como segunda orde de Santo Domingo e que segue unha regra semellante á primeira e que acolle monxas de clausura.

O teólogo do Papa por tradición é dominico. A maioría das Universidades de América Latina fundáronas os dominicos. En Caleruega existen, na actualidade, dous mosteiros dominicos: un de monxas e outro de freires que lembran a vida e historia de Santo Domingo.

En 1219, Santo Domingo de Guzmán, visita Galicia e funda en Compostela o primeiro Mosteiro da Orde en Galicia, primeiro por data e por importancia. Este sería a cabeza de 13 de Freires e 4 de monxas, dende o Século XIII ao XVI:

Agrupámolos por séculos, segundo a súa fundación, aínda que os conventos que ocuparon e as súas igrexas tardaron anos e incluso séculos en estar operativos.

No Século XIII:

-Ribadavia.- A día de hoxe Asilo de anciáns. A súa igrea é unha mostra do estilo oxival.

-Tui.- A Orde de predicadores instalouse en Tui en 1272, se ben tardaron séculos en conformar Igrexa e mosteiro. A igrexa é gótica, con planta de cruz latina.

- Lugo.- Actualmente é un convento de clausura das Agustinas. O dominícos abandonárono coa exclaustración. Con elevados e estreitos ventanais góticos e un espléndido altar maior.

- A Coruña.-Construído durante o Século XIII, destruído polos ingleses a finais do XVI e reconstruído no XVII, dentro das murallas.

-Pontevedra.-As ruínas de Santo domingo en Pontevedra é o que queda dun convento gótico fundado a finais do século XIII, nas proximidades da muralla. Na actualidade alberga a sección de arqueoloxía do Museo Provincial de Pontevedra.

-Viveiro.- (Estudio aparte).

No Século XIV:

Ortigueira.- Unido á Igrexa parroquial de Santa Marta, alberga dependencias municipais en torno ao Claustro e acolle actos culturais.

Compostela.-Convento de Belvís (monxas); nel venérase á Virxe do Portal.

No Século XV:

-Nosa señora de Valdeflores (monxas) en Viveiro. Abandonado polas dominicas en 2018. A portada sur do cenobio está presidida pola imaxe de Santo Domingo. - Santa María A Nova (Lugo), antigo Convento de Dominicas.

No Século XVI:

-Baiona (feminino), coñecidas como Dominicas da Anunciada, consta de Igrexa (cun altar de grandes columnas cun acentuado estilo barroco e presidido pola Virxe da Anunciada, patrona de Baiona.), convento, granxa e horta. Atópase no casco histórico da vila.

- Betanzos (Século XVI ao XVIII), Tempo no que se foron engadindo espazos e torres. En 1835 pasa a propiedade municipal e os dominicos son expulsados.

-Pantón, (feminino), fundado no século X, nas súas orixes Benedictino, pasando no Século XII aos cistercienses.

-San Sadurniño, o mosteiro da Virxe do Rosario, que pasou por distintas fases: igrexa templaria, colexiata, convento de terciarios de San Francisco... ata que Pedro de Andrade o substituiu polos frailes de Santo Domingo. Este foi o convento máis pequeno da Orde e o unico existente fora de cidades ou vilas. Foron exclaustrados definitivamente en 1835.

-Monforte, acolleu o convento de San Xacinto ou Santo Domingo que se extinguiu no século XIX.

-Ourense, a igrexa de Santo Domingo é un bonito templo do século XIII, con remodelacións posteriores, predomina o estilo románico, con elementos góticos e barrocos. Esta igrexa estaba vinculada a un mosteiro desaparecido.

En 1876 estáblecense, os dominicos, en Padrón, fundando o Convento de San Xosé ou do Carme, situado nun alto, dende onde poñen en marcha a restauración da vida dominicana en Galicia, unha vez desaparecidos os conventos anteriores, agás o de A Coruña.

O convento de Santiago de Compostela, chamado primeiro Santa María de Bonaval e a partir de 1398, Santo Domingo de Bonaval, como a case totalidade das casas dominicas en Galicia. En 1344 implantouse O Estudio Xeral, médula da vida intelectual dominica en Galicia. Modificado pola construcción do Museo de arte Contemporáneo e do Parque de Santo Domingo. A súa igrexa, sen culto na actualidade, acolle o Panteón de Galegos Ilustres.

rafadcg@r.gal

1/02/2025