SOBRE MIN

OLA:

Son Rafael de Castro García, mestre xubilado. Nacín no lugar de Asperiña, na Parroquia de Carballedo no Concello de Cerdedo-Cotobade. Resido en Marín desde 1975.

Son afeccionado á numismática e, desde que pasei a Clases pasivas, teño vertido ao galego obras de Valle-Inclán, Cela, Torrente Ballester e Emilia Pardo Bazán.

De cando en vez, fago un escrito breve, que vou gardando neste curruncho.